Deixamos a entrevista que nos fixeron no Progreso pola presentación do ciclo do Inverno Cultural

01 Feb 2023 Deixar un comentario
en Hemeroteca Etiquetas:El Progreso, entrevista, Inverno Cultural
Deixamos a entrevista que nos fixeron no Progreso pola presentación do ciclo do Inverno Cultural
24 Xan 2023 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:Matela, Parladoiro Museo
O Parladoiro Museo
A primeira actividade do ano non podía empezar de mellor xeito, xa que, o Parladoiro Museo é un lugar que merece moito a pena de ser visitado.
Un sitio pequeno, pero deseñado dun xeito magnífico e cun gusto exquisito, cheo de pequenas xoias do noso pasado máis recente e pezas únicas do pasado máis afastado e, por riba de todo, a amabilidade, coñecemento e paixón que transmite Moncho Vivero fan, do Parladoiro Museo, un lugar de visita obrigada.
Agradecer a Manolo Barreiro por facernos de anfitrión e a todas as socias que se achegaron para gozar desta visita marabillosa.
18 Xan 2023 1 comentario
en Actos Etiquetas:Casa Museo Manuel Maria, Cousas de Pepe, Outeiro de Rei, Parladoiro, Pígara, Visitas
O Inverno Cultural consiste en tres visitas guiadas a lugares de interese da nosa contorna. Esta actividade é exclusiva para socias/os da asociación.
Visitaremos estes tres lugares:
Iremos anunciando as datas a medida que se vaian confirmando, pero sería unha por mes.
A primeira é o vindeiro sábado 21 de Xaneiro ás seis da tarde no museo O Parladoiro,en Matela, Outeiro de Rei. Quedaremos en Begonte para ir nos nosos coches todos xuntos ás cinco e corenta e sairemos ás seis menos cuarto para chegar puntuais. Se alguén prefire ir directamente, sen problema.
Alí teremos como anfitrión a Manuel Barreiro, profesor de lingua galega e familiar do dono do museo, Moncho Vivero. Explicarannos a procedencia das pezas que se expoñen e tamén algo de historia da Chaira.
Para apuntarvos, xa que esta actividade é para socios, podedes facelo polos medios habituais (correo castineiromilenario@hotmail.com ou nas nosas redes sociais)
Agardamos que sexa do voso interese e que vos animedes a participar.
Saúdos
24 Nov 2022 Deixar un comentario
en Fotos Etiquetas:axeigo, foliada, Fotos, Lata de pemento, música tradicional, O Castro, Obradoiro, Roberto Rodriguez
As lapas das foliadas de Castiñeiro seguen vivas e quentando unha tarde chuviosa e desapacible, pero que ao final resultou moi quentiña e agradable.
Comezamos a foliada cun interesantisimo obradoiro para aprender a tocar a lata de pemento. Gracias A Roberto Rodríguez que nos puxo en contexto ese instrumento chamado “pobre” pero que ten unha forza e un xeito impresionante.
Na foliada tivemos un agarimoso momento para lembrarnos de Josiño, do dúo Gaiteirada que, por problemas de saúde, non puido asistir. Agardamos que o aplauso de todas as presentes che envíe forza para seguir. Despois comezaron a festa, o grupo local das Foliadeiras do Castro, cunha Branca Villares desatada, que puxo desde o primeiro momento o torreiro a bailar. Remataron os Axeigo e, ¡que dicir deles! Vaia musicazos tan impresionantes, fixeron festa rachada e da gusto velos tocar. A cousa rematou pasadas as dúas de mañá e xa ninguén se lembraba desde día desapacible co que empezou a foliada.
Gracias a todas e todos os que vos achegastes, grazas aos bailadores e bailadoras que fan a festa máis grande, grazas a Gaiteirada, a Axeigo e ás novas incorporacións de Foliadir@s do Castro e tamén a Aloumiña, que sempre nos pon todo moi fácil. Grazas á Asociación Veciñal do Castro por prestarnos ese marabilloso local que teñen.
Vémonos na Foliada de Inverno.
07 Nov 2022 Deixar un comentario
en Actos Etiquetas:axeigo, foliada, Foliadeir@s do Castro, Gaiteirada, Lata de pemento, Música, O Castro, Obradoiro, Roberto Rodriguez
¡Estamos de volta cunha nova edición das Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario! Reserva a data do 19 de novembro para achegarte a Begonte e gozar dunha xornada de baile e música tradicional.
Como é tradición, non hai festa foliadeira en Castiñeiro, sen que haxa un momento dedicado á aprendizaxe. Desta volta propoñemos un moi interesante obradoiro de percusión tradicional. O noso ben querido Roberto Rodríguez, impartirá un obradoiro de iniciación ao toque coa Lata de pemento no repertorio de cantares para o baile tradicional. O obradoiro comezará ás sete e media da tarde e terá unha duración aproximada de hora e media e está aberto a calquera persoa que desexe ter un achegamento a este instrumento popular. O custe para persoas non socias é de 15 euros, mentres que para as persoas socias de Castiñeiro Milenario o prezo será de 5€. É aconsellable anotarse se queres asistir enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com, chamando ao 616705174 ou por calquera das nosas redes sociais. Se non tés lata de pemento, a organización tentará de ter latas para todas.
Despois do tempo de formación, pasaremos aos petiscos para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 22:00, aproximadamente. O grupo local d@s Foliadeir@s do Castro, serán os encargados de romper o xeo e comezar a foliada. Seguidamente intervirán o dúo Gaiteirada desde Lugo e , despois duns anos, volven ás foliadas de Castiñeiro os amigos de Axeigo. Ao remate dos grupos, comezará a foliada aberta.
Agradecemos a Gaiteirada, Axeigo e a Roberto Rodríguez a súa presenza na foliada e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.
03 Out 2022 Deixar un comentario
en Hemeroteca Etiquetas:Billarda, Terra Chá Xa, Xornais
Artigo publicado no xornal Terra Chá Xa sobre os equipos que conforman a Conferencia Norleste da Liga Nacional de Billarda